lunes, 11 de enero de 2016

Vacacións de Nadal co primeiro libro

O libro escollido para este primeiro trimestre foi Asústate Merche! de Fina Casalderrey.
O próximo mércores 11 de xaneiro, á volta das vacacións, reuniremonos para coméntalo. Agardamos que vos guste!

Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para descifrar a situación actual. O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade, os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que resulta ser a viaxe.




    

martes, 1 de diciembre de 2015

A traballar!

Reunimonos o mércores 25 de novembro para repartir traballo, tal como acordamos na reunión de outubro. Deste xeito os nosos lectores recolleron textos que escenificarán na reunión de decembro. A ver se nos sorprenden coas súas interpretacións.

jueves, 29 de octubre de 2015

Inauguración do novo curso do grupo da ESO


Empezamos este novo curso reuníndonos co alumando da ESO para repartir traballo. O libro do trimestre aínda se fará agardar un pouco porque está previsto comentalo á volta de Nadal asi que mentres tanto imos aproveitar para traballar nas actividades ideadas para este curso: empezamos o relato encadenado, dentro do taller de lectoescritura e as alumnas comprometéronse a recoller contos reais ou non, da xeneración de seus avós.
Pola miña parte, o meu traballo consistirá en repartirlles na próxima sesión unha serie de contos que terán que aprender e escenificar en sesións sucesivas. 



jueves, 25 de junio de 2015

Actividade extraescolar

E isto foi todo durante este curso, agradecemos aos nosos lectores a fidelidade a este club, lendo as obras propostas e acudindo puntualmente ás reunións que se celebraron. Precisamente para expresar ese agradecemento e celebrar o final do curso, decidimos os coordinadores levar ao noso alumnado a realizar unha activiade acuática, inspirada polo libro Salitre -no que algúns dos protagonistas facían surf- nós optamos por unha actividade similar que fose realizable na nosa contorna, neste caso a alternativa foi un paseo en kayak polo cañón do Sil, en pleno corazón da Ribeira Sacra. Tras o paseo e o baño, realizamos un breve percorrido polos muíños dos Chancís e rematamos invitando aos nosos lectores a un xantar con agasallos. Agardamos que vos gustara, para nós foi un pracer compartir este día e este curso con tan ávidos e críticos lectores. Feliz verán!

Taller de lectoescritura do Club de Bacharelato

Recibimos os vosos correos que responden a unha proposta sinxela e creativa: crear un final alternativo para o libro de Salitre.
Dado que unha opinión generalizada no grupo foi a decepción que supuxo para algunhas das nosas alumnas o final aberto do libro, o coordinador propúxolles redactar un final que lles gustase máis, aqui vos deixamos os resultados:

CRISTINA FERNÁNDEZ SILVOSA.
[...]

- Papá, non empeces! Mamá está morta.
- Colle o teléfono, quere falar contigo!

Edu nervioso nega de todos os xeitos a posiblilidade de que a súa nai estea ao outro lado da liña. Está convencido de que o seu pai está a mentir e él non vai entrar ao trapo. Colle a súa moto e toma camiño a praía de Llas, ao chegar , senta e reflexiona: 

- Non podía ser mamá, ela ... ela está morta! - repite unha e outra vez Edu- Estou seguro de que todo isto é unha artimaña de papá. Non o aguanto máis! MARCHO! 



Fragmento MARÍA SACO:


[...] 

 - E que chaman desde unha cabina. É a túa nai.

Nese instante, Eduardo paraliza, miles de sensacións percorren o seu corpo ata parecer que é un ser morto en vida.

" Pi. pi. pi..." Edu está no hospital, acaba de espertar do coma no que levaba xa case 4 anos; Unha tarde de Agosto estaba a bañarse cos seus pais na paraia de Llas, a súa preferida dende que era pequeno. 


Todo quedou nun soño. 

jueves, 4 de junio de 2015

Lecturas dramatizadas na ESO e comentario de Del color de la leche

Como última actividade do curso cos grupos da ESO, xuntamos a todo o alumnado (15) para facer unha lectura do texto encadenado que se creou no obradoiro de lecto-escritura.
E acordouse facer unha excursión con todos o día 25 de xuño, relacionándoa co libro de Salitre e coa que pretendemos premiar dalgún xeito a participación activa e continua do noso alumnado. Ademáis este mércores tamén comentamos no grupo de Bacharelato o libro Del color de la leche o cal, aínda que nos pareceu unha obra moi boa, ás nosas lectoras non lles acabou de gustar, tal vez polo estilo narrativo pouco habitual.

lunes, 1 de junio de 2015

Comentamos Reo

O pasado mércores reunímonos para falar de Reo. Non tivo a aceptación que agardabamos pero imaxinamos que en parte é por tratarse do último libro do curso e por coincidir con época de exames. En calquera caso permitiunos falar e intercambiar puntos de vista sobre temas de actualidade.