Coa lectura de Pulsaciones, tivemos a idea de premiar ao noso alumnado cunha actividade de paddle surf. Este ano si optamos por ir ao mar, concretamente á praia de Santa Cristina en Oleiros. Pola mañá aproveitamos para visitar Betanzos, as suas igrexas, a fundación CIEC da estampación contemporánea e o Parque do Pasatempo, todo un descubrimento!
Deixamos aqui alcunhas imaxes desta despedida do curso.
sábado, 2 de julio de 2016
domingo, 12 de junio de 2016
Comentamos Latidos
Nesta última reunión do curso, comentamos Latidos, que contou coa aprobación de todos os lectores.
De novo trátase dun libro de lectura rápida e áxil, pero este gustou máis que Pulsaciones
Para rematar o curso, anunciamos cal é o "premio" deste ano: inspirándonos en Latidos e no seu protagonista amante do surf, teremos unha sesión de aprendizaxe de Paddle surf nunha praia de Oleiros. Esta proposta contou cunha moi boa acollida por parte do noso alumnado lector.

domingo, 29 de mayo de 2016
Entrega de Latidos
Este mércores 25 de maio reunímonos para repartir un libro moi agardado polo noso alumnado, de feito foron eles os que solicitaron expresamente seguir con Javier Ruescas. Latidos publicouse o 12 de maio e estivemos moi atentos para poder entregar o libro antes de que o curso entre na recta final.
Dado o éxito que tivo Pulsaciones e dado que esta nova obra é continuidade da primeira, non o duvidamos á hora de elixilo.
O próximo mércores coñeceremos a opinión dos nosos ávidos lectores.
Dado o éxito que tivo Pulsaciones e dado que esta nova obra é continuidade da primeira, non o duvidamos á hora de elixilo.
O próximo mércores coñeceremos a opinión dos nosos ávidos lectores.
lunes, 2 de mayo de 2016
Reunión de para comentar Pulsaciones
Reunimonos o mércores 20 de abril para comentar Pulsaciones que se pode dicir que foi o maior éxito nos cursos da ESO dende que comezamos co club. Dado que o final é aberto, o noso alumnado ideou posibles finais coherentes coa obra.
A petición dos nosos alumnos, imos rematar o curso con Latidos, o novo libro de Ruescas que sairá ao mercado o vindeiro 12 de maio.
A petición dos nosos alumnos, imos rematar o curso con Latidos, o novo libro de Ruescas que sairá ao mercado o vindeiro 12 de maio.
domingo, 27 de marzo de 2016
Entregamos novo libro
Reunímonos o mércores 16 de marzo para a entrega do seguinte libro, Pulsaciones, de Javier Ruescas. Escollemos esta narración polo formato tan interesante que presenta e porque pensamos que lles ía encantar aos nosos lectores. O vindeiro mércores 30 coñeceremos a súa opinión.
miércoles, 10 de febrero de 2016
Comentamos Asústate Merche!
O pasado mércores reunímonos para comentar asústate Merche!
Entre o noso alumnado houbo todo tipo de opinións, aqueles aos que lles gustou de principio a fin, aqueles que non lles chegou a enganchar e aqueles que gustándolles, houberan cambiado o final.
Quedamos á espera do próximo libro!

lunes, 11 de enero de 2016
Empezamos a contar historias
O mercares 17 de dezembro, ademáis de repartir o libro das vacacións, os nosos lectores empezaron a narrar historias dramatizadas. Non deu tempo de ler todos asi que seguiremos outro dia!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)