viernes, 6 de febrero de 2015

Iníciase o Club co grupo de Bacharelato e Ciclos.

Con Bacharelato e Ciclos Formativos, escollemos como lectura para iniciar o Club, o libro Unha presa de terra. Unha intrigante e ilustrada historia de Marilar Aleixandre publicada pola editorial Ir Indo. 




A encargada da limpeza dun edificio descubre nas suas horas de traballo, o corpo sen vida dunha das inquilinas.

Un caso de asasinato que engancha, un pequeno romance que entorpece a investigación e uns personaxes moi peculiares. Nesta historia, ata os detalles máis insignificantes contan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario