jueves, 26 de marzo de 2015

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Hoxe reunímonos para falar do 2º libro que escollemos para 1º e 2º de ESO. A sensación que deixou no noso alumnado foi un tanto agridoce porque ten momentos un tanto duros que se alternan con outros simpáticos ou con certo humor negro, pero en xeral gustou moito e deunos moitos temas dos que falar, tantos, que foron necesarias dúas sesións. Segue a sorprender o sentido crítico e a implicación que presentan os nosos lectores máis cativos e que nos animan a seguir ofrecéndolles novas obras.
Este día xunto coa nosa reunión, tivo lugar tamén a do alumnado de bacharelato e ciclos para recoller a seguinte  obra: "Salitre", que tamén está repartida para 3º e 4º de ESO e que analizaremos á volta das vacacións de Semana Santa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario